Saturday 04 de May de 2024

A Xunta aplaude o traballo da Fundación Mencer en favor da inclusión laboral de persoas co discapacidade


A directora xeral Begoña Abeijón visitou hoxe a panificadora desta entidade en Bergondo

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou hoxe a importancia do traballo que realiza a Fundación Mencer en favor da integración das persoas con discapacidade. Díxoo tras visitar as instalacións da panificadora que esta entidade ten no polígono de Bergondo, na que o 90% do seu persoal está composto por persoas con discapacidade.

Ademais de coñecela fábrica, a directora xeral tivo a ocasión de reunirse co presidente da Fundación Mencer, Ramón Lema Dourado, e coñecer os programas de formación que desenvolve esta entidade. Begoña Abeijón sinalou que o emprego é a mellor maneira de avanzar cara a plena inclusión das persoas con discapacidade.